Fundación Ciclismo Galego

Novas

Cartel da proba

DÍSPUTASE ESTA MAÑÁ

01/08/2010»

Circuíto Getxo, duelo para sprinters

O Xacobeo Galicia pecha a súa estancia no País Vasco co Circuíto de Getxo, unha carreira que se disputa esta mañá sobre once voltas a un itinerario para cubrir 185,35 quilómetros. O perfil esencialmente chairo apunta a unha chegada ao sprint. O Xacobeo Galicia presenta nesta carreira a Gustavo César Veloso, Delio Fernández, Alberto Fernández, David García, Vladimir Isaychev, Serafín Martínez, Gonzalo Rabuñal, Gustavo Rodríguez, Francisco Pacheco y José Antonio De Segovia. Na dirección deportiva está Jesús Blanco Villar.
Relación de participantes

Entrar

David García

ENSAIO POSITIVO NA CLÁSICA DE SAN SEBASTIÁN

31/07/2010»

O Xacobeo Galicia, cuarto por equipos entre a elite do pelotón internacional

O Xacobeo Galicia cumpriu as expectativas no esixente test que se expuxo na 29 edición da Clásica de San Sebastián, ao lograr un excelente cuarto posto por equipos fronte ás máis poderosas formacións do panorama ciclista internacional. A disputa da vitoria individual foi un asunto que estivo sempre en mans dos ciclistas chegados do Tour de Francia, con Luís León Sanchez (Caisse D´Epargne) vencedor ao sprint, por diante de Vinokourov (Astana) e Carlos Sastre (Cervelo).

  • Álvaro Pino: "A valoración é positiva, pero o equipo para a Volta decidirase en Burgos e Portugal"
  • Entrar

    Perfil da Clásica de San Sebastián

    EN DIRECTO POR TELEDEPORTE ÁS 15.15 HORAS

    31/07/2010»

    O Xacobeo Galicia mídese en San Sebastián ao pelotón Pro Tour

    O Xacobeo Galicia toma novo contacto nesta mañá de sábado co calendario Pro Tour a través da Clásica de San Sebastián. Por diante terá 234 quilómetros e Jaizkibel e Arkale como principais obstáculos do camiño. Como opoñentes o equipo profesional galego atoparase con outras vinte formacións con grandes nomes nas súas filas. Un escenario que os técnicos consideran ideal para realizar un primeiro test de selección con vistas á Volta a España. A carreira será retransmitida en directo por TELEDEPORTE a partir das 15.15 horas.

  • CLÁSICA DE SAN SEBASTIÁN: EN DIRECTO ON LINE
  • CLÁSICA DE SAN SEBASTIÁN: relación de participantes
  • Entrar

    Outras novas
    30/07/2010»

    Álvaro Pino: "O Xacobeo Galicia debe facer na Clásica de San Sebastián un test de máxima intensidade"

    30/07/2010»

    O Xacobeo Galicia volve ao calendario Pro Tour na Clásica de San Sebastián

    29/07/2010»

    O xacobeo Galicia mira á Volta a Portugal con renovadas ambicións

    29/07/2010»

    O Xacobeo Galicia acaba as rodaxes e quere acelerar na Clásica de San Sebastián e Getxo

    26/07/2010»

    Álvaro Pino: "O importante é que nos convenzan de que poden estar no equipo os próximos anos"

    25/07/2010»

    Delio Fernández, o mellor do Xacobeo Galicia aínda que sen opcións de vitoria

    24/06/2010»

    O Xacobeo Galicia presenta en Ordizia un equipo con altas aspiracións

    23/07/2010»

    O ciclismo recobra índices de audiencia históricos

    23/07/2010»

    A amizade imposible ten unha oportunidade na cima do Tourmalet

    21/07/2010»

    O Xacobeo Galicia decidiu o equipo para a Clásica de Ordizia

    20/07/2010»

    Colofón e resumo gráfico da Volta Ciclista á Comunidade Madrileña

    18/07/2010»

    Nelson Oliveira, subcampión de Europa sub 23 de fondo na estrada

    18/07/2010»

    Ezequiel Mosquera finaliza en quinta posición a Volta a Madrid

    17/07/2010»

    Ezequiel Mosquera segue cuarto á espera da etapa raíña

    18/09/2008»

    Ezequiel Mosquera remontou un posto na última etapa de montaña

    Ver máis novas

    Actividades

    O Programa de promoción escolar superou todas as expectativas. RESUMO FOTOGRÁFICO

    Arteixo acolleu o 2 de xuño a primera actividade, impartida por ciclistas do Xacobeo Galicia.

    Camiño Portugués por estrada

    Actividade realizada polo equipo xacobeo galicia do 9 ao 11 de marzo de 2010

    Fotos actos presentación Xacobeo Galicia 2010 e edicións anteriores

    Fotos da primeira etapa da Volta á Coruña 2010: Negreira-Negreira


    © Fundación Ciclismo Galego

    Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web

    RSS: Novas Axenda | Que é o RSS?