O Programa de promoción escolar superou todas as expectativas. RESUMO FOTOGRÁFICO

Cuberto con extraordinario éxito o programa de promoción escolar realizado entre o 2 e o 22 de xuño, ofrecemos un resumo gráfico das actividades:
  • Fotos Promoción Escolar MARÍN
  • Fotos Promoción Escolar BAIONA
  • Fotos Promoción Escolar VERÍN
  • Fotos Promoción Escolar BOIRO
  • Fotos Promoción Escolar GONDOMAR
  • Fotos Promoción Escolar XINZO DE LIMIA
  • Fotos Pormoción Escolar NIGRÁN
  • Fotos Promoción Escolar ARTEIXO

  • O programa de promoción de ciclismo escolar posto en marcha pola Fundación Ciclismo Galego e a Federación Galega de Ciclismo en colaboración con clubs ciclistas, comenzará o vindeiro mércores, 2 de xuño, no municipio de Arteixo, cunha visita ao colexio Ponte dos Brozos. Durante dúas horas e media, divididas en dúas sesións de 75 minutos, ciclistas do Xacobeo Galicia achegarán o mundo do ciclismo, desde distintas vertentes, aos estudantes do centro.
    A sesión estará dirixida polo ciclista do equipo profesional galego Gonzalo Rabuñal, natural da localidade de Arteixo e que actualmente se atopa disputando o Tour de Baviera. Rabuñal estará acompañado nesta actividade por outros ciclistas e técnicos do equipo.

    O colexio PonTe dos Brozos, con 1.500 alumnos, é o maior de Galicia en educación primaria, e nel atopará unha boa base o Club Ciclista Arteixo - MB3 para desenvolver os seus labores de captación de novos valores, cuxos directivos, en colaboración coa concellería de Deportes do concello, propiciaron que a primeira sesión do programa poida celebrase nesta localidade coruñesa.

    Cada unha das dúas sesións previstas, dirixidas a dous grupos de alumnos diferentes, contará cunha parte teórica e outra práctica, para finalizar cunha visita ao autobús do equipo, centro de operacións (vestiario, sala de reunións e área de descanso) moi importante hoxe en día na actividade competitiva dos distintos grupos deportivos do pelotón ciclista profesional.

    INFORMACIÓN ANTERIOR: BASES E DATAS DO PROGRAMA
    A Fundación Ciclismo Galego e a Federación Galega de ciclismo establecen un novo convenio de colaboración polo que o equipo profesional Xacobeo Galicia lanza un programa para levar a promoción do ciclismo aos centros escolares de ensino primario da comunidade galega, en colaboración coas escolas de ciclismo federadas e a propia Federación Galega de Ciclismo.

    Ciclistas e directores deportivos do equipo profesional galego, en colaboración con técnicos das escolas de ciclismo e da Federación Galega, impartirán este programa que consta dunha parte teórica e doutra práctica sobre a bicicleta. A campaña concentrarase neste tramo final do curso escolar de maio e xuño.

    O Xacobeo Galicia acudirá a estas sesións provisto de gran parte da súa infraestrutura habitual de competición: Autobús e coche de equipo, bicicleta de competición, indumentaria e casco oficial, para que os rapaces e rapazas teñan unha "aproximación o máis real posible ao mundo dun equipo ciclista profesional".

    Esta actividade está previsto realizala en estreita colaboración cos clubs locais, para que o programa logre un efecto máis eficaz de captación de novos valores para as súas respectivas escolas de ciclismo.

    Á hora de atender as peticións, terán prioridade:
  • Os municipios cunha escola de ciclismo regulamentariamente constituída e en funcionamento.
  • Os centros escolares con maior número de alumnos.
  • Aqueles centros que dispoñan dun recinto coa amplitude suficiente para acoller a actividade.

  • Destinatarios: Alumnos de primaria
    Contidos do programa
  • Parte teórica
  • Parte práctica: con bicicletas achegadas por alumnos, centro escolar ou club local.
  • Xuño
  • Últimas datas posibles para un máximo de catro actividades: 7, 8, 9, 10, 15, 16.
  • Observacións
    Os clubs que non dispoñan de escola de ciclismo tamén poderán presentar solicitudes. De non poder ser atendidas nesta primeira fase, terían consideración preferente na campaña de outono.

    Imprimir Enviar


    © Fundación Ciclismo Galego

    Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web

    RSS: Novas Axenda | Que é o RSS?