Novas
SERGIO PARDILLA, GRAN TRIUNFADOR
Ezequiel Mosquera finaliza en quinta posición a Volta a Madrid
[ 18/07/2010 ] Ezequiel Mosquera acabou quinto na clasificación xeral da Volta a Madrid, tras o undécimo posto conseguido no alto da Morcuera, punto final da vinte e catro edición da Volta a Madrid. A etapa e a vitoria absoluta foron para Sergio Pardilla (Carmiooro), superando a Baliani e a Melero.
Ezequiel Mosquera: "O balance é positivo porque chegaba curto de forma a Madrid"

Na saída de etapa
O excelente cuarto posto conseguido, contra todo prognóstico, na contarreloj inaugural da primeira etapa na contrarreloxo celebrada na Casa de Campo podía elevar as expectativas de Mosquera na saída da etapa saída raíña, pero a realidade -e esta sempre sae a relucir cando o ciclismo visita a alta montaña-, di que o ciclista do Xacobeo Galicia atópase na fase inicial da preparación para a Volta a España.
Por iso, o undécimo posto na cima do porto da serra madrileña e o quinto na xeral, é un balance que Ezequiel Mosquera valora satisfactoriamente. Na mesma liña cabe considerar a actuación dos demais integrantes do equipo, que veñen dun lixeiro paréntese de descanso tras o Campionato de España. Os seguintes corredores en cruzar a liña de chegada polo equipo galego, tras Mosquera, foron Gustavo Rodríguez e Gustavo Domínguez.
A etapa final de 132 quilómetros entre Alcobendas e o alto da Morcuera non tivo, antes do porto final, outra acción máis relevante que unha fuga de seis corredores, con Isaychev por parte do Xacobeo Galicia. Noutro corte anterior meteuse o tamén corredor do equipo galego De Segovia, pero os escapados foron desviados erroneamente do percorrido e perderon os cincuenta segundos de vantaxe que tiñan nese momento.
Non foron necesarias outras grandes accións para que o pelotón acusase o forte ritmo e a calor nada máis tomar contacto coas primeiras ramplas da subida á Morcuera. Coincidía esta fase da carreira co ataque gañador de Sergio Pardilla, con Baliani á súa roda, ao que acabaría deixando a tres quilómetros do final para cruzar a liña de meta en solitario. A distintos intervalos e coa dureza do porto reflectida no xesto esforzado e, en casos, agónico foron pondo punto final á súa participación na presente edición da rolda madrileña todos os sobreviventes da carreira.
Ezequiel Mosquera: "O balance é positivo porque chegaba curto de forma a Madrid"
Ezequiel Mosquera (Xacobeo Galicia) fai unha valoración ?positiva da etapa. A xente, despois do cuarto posto que obtiven na crono, dábame como claro favorito á vitoria, pero eu sabía que non estaba aínda a un nivel suficiente. Non podía ser doutro xeito porque levo pouco adestramento e cheguei curto de forma a Madrid. O undécimo porto aquí na Morcuera dime que estou na boa liña. Por iso fago un balance positivo deste primeiro test. As miñas probas máis precisas fareinas posiblemente nas Clásicas de San Sebastián e, finalmente, en Burgos?