Novas

PRIMEIRO ENSAIO SERIO PARA A VOLTA A ESPAÑA

O Xacobeo Galicia acaba as rodaxes e quere acelerar na Clásica de San Sebastián e Getxo

[ 29/07/2010 ] O Xacobeo Galicia desprázase este fin de semana ao País Vasco para disputará o sábado a Clásica de San Sebastián e o domingo o Circuíto de Getxo. A carreira donostiarra supón a terceira incursión do equipo profesional galego no calendario Pro Tour, logo de disputar tamén a Volta ao País Vasco e a Volta a Cataluña.

Xacobeo Galicia

Xacobeo Galicia

A Clásica de San Sebastián debe marcar un punto de inflexión nesta segunda parte da tempada, en consideración dos técnicos do equipo, que ven a carreira un punto ideal para facer un ensaio de calidade, polo seu alto grao de fiabilidade dada a esixencia da proba en si e o gran nivel dos rivais.

O sábado no Bulevard de Donostia, punto de saída da clásica, o Xacobeo Galicia presentará a Ezequiel Mosquera, David García, Gustavo C. Veloso, Gonzalo Rabuñal, Serafín Martínez, Delio Fernández, Marcos García e Alberto Fernández.

Ao día seguinte en Getxo a previsión é que corran David García, Gustavo C. Veloso, Gustavo Domínguez, Gonzalo Rabuñal, Delio Fernández, Alberto Fernández, Gustavo Rodríguez, Vladimir Isaychev, José Antonio De Segovia e Francisco Pacheco.

Non será fácil pór freo a "as motos" que chegan aceleradas do Tour, pero no Xacobeo Galicia considérase que o tempo de rodaxe concluíu e que este fin de semana é necesario facer un test a fondo, ben como referencia para a Volta a España, ben porque o 4 de agosto comeza a Volta a Portugal, outra cita á que o Xacobeo Galicia quere prestar especial atención.

Ezequiel Mosquera xa anunciara que quería adiantar o primeiro ensaio serio para a Volta a España na Clásica de San Sebastián e repetilo uns días despois en Burgos. "Da Volta a Madrid -comentou o ciclista- saín bastante satisfeito. O pasado domingo en Ordizia non tiven un bo día, pero o considero algo pasaxeiro porque as sensacións están sendo boas", e iso é o que quere confirmar o vindeiro sábado nunha carreira que por distancia e perfil adáptase ben ás súas características.

Outros corredores do Xacobeo Galicia atoparán en San Sebastián e Getxo a última pedra de toque antes da Volta a Portugal, unha carreira na que o equipo galego, por intereses de patrocinio, ademais das cuestións deportivas, tamén quere implicarse con especial forza. Tanto é así que os técnicos teñen claro que pode abrir as portas do equipo titular para a Volta a España, tanto como a vía de Burgos, a outra alternativa na preparación habitual para a rolda española.

Imprimir Enviar


© Fundación Ciclismo Galego

Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web

RSS: Novas Axenda | Que é o RSS?