
O Xacobeo Galicia volveu ao ataque na dura novena etapa da Volta a España, con Gonzalo Rabuñal cabeza de carreira en solitario ao distanciarse dun grupo de quince escapados, para ser alcanzado novamente e acabar cruzando a liña de chegada en oitava posición. A vitoria de etapa foi para David López (Caisse D´Epargne), integrante da fuga. Todos os favoritos entraron no pelotón principal, a máis de sete minutos, e Igor Antón (Euskaltel) segue de líder.
Entrar

Segunda etapa semi-montañosa ou de media montaña. A pesar dos seus sete portos -catro de segunda categoría e tres de terceira- en teoría preséntase menos determinante que a de Xorret del Catí. As opcións de éxito para a escapada son moitas, polo que se presume unha loita intensa por entrar no corte, a non ser que o pelotón se manexe con astucia e deixe marchar unha de conveniencia, aproveitando que os primeiros cincuenta quilómetros son os máis accesibles dun percorrido de 187,7. Serafín Martínez terá, entre outros obxectivos, saír a defender a camisola de montaña. O competidor que lle saíu tras a oitava etapa, Moncoutie (Cofidis), é un rival de moita consideración, como acredita o seu gran palmarés. Pero ese será un estímulo máis para o ciclista do Rosal. O Xacobeo Galicia, no seu conxunto, está decidido a contribuír a outra gran xornada de ciclismo.

O Xacobeo Galicia brillou con luz propia na primeira etapa de montaña da Volta, con Serafín Martínez lanzado á defensa do reinado da montaña e un excelente segundo posto na meta de Xorret do Catí, escenario o ano pasado do triunfo de etapa de Gustavo C. Veloso; coa vitoria, ademais, por equipos na xornada e Ezequiel Mosquera escalando tres posicións para situarse sétimo na xeral.
03/09/2010»
03/09/2010»
03/09/2010»
03/09/2010»
02/09/2010»
02/09/2010»
01/09/2010»
01/09/2010»
01/09/2010»
31/08/2010»
31/08/2010»
30/08/2010»
18/09/2008»
Ver máis novas
Volta a España: Etapas, equipos e clasificacións
Do 28 de agosto ao 19 de setembro de 2010
Trittico Lombardo: Etapas, equipos e clasificacións
Do 17 ao 19 de agosto de 2010
Volta a Portugal: Etapas, equipos e clasificacións
Do 04 ao 15 de agosto de 2010
CALENDARIO UCI 2009/2010 E PRÓXIMAS COMPETICIÓNS
O Programa de promoción escolar superou todas as expectativas. RESUMO FOTOGRÁFICO
Arteixo acolleu o 2 de xuño a primera actividade, impartida por ciclistas do Xacobeo Galicia.
Actividade realizada polo equipo xacobeo galicia do 9 ao 11 de marzo de 2010
Fotos actos presentación Xacobeo Galicia 2010 e edicións anteriores
Fotos da primeira etapa da Volta á Coruña 2010: Negreira-Negreira
© Fundación Ciclismo Galego
Aviso legal | Accesibilidade | Contacto | Mapa web
RSS: Novas Axenda | Que é o RSS?