Fundacion Ciclismo Galego
		<language>gl</language>
Gonzalo Rabuñal, oitavo na etapa e primeiro en valentía e coraxe
	<description><![CDATA[ O Xacobeo Galicia volveu ao ataque na dura novena etapa da Volta a España, con Gonzalo Rabuñal cabeza de carreira en solitario ao distanciarse dun grupo de quince escapados, para ser alcanzado novamente e acabar cruzando a liña de chegada en oitava posición. A vitoria de etapa foi para David López (Caisse D´Epargne), integrante da fuga. Todos os favoritos entraron no pelotón principal, a máis de sete minutos, e Igor Antón (Euskaltel) segue de líder.
O Xacobeo Galicia quere contribuír a outra gran xornada de ciclismo
	<description><![CDATA[Segunda etapa semi-montañosa ou de media montaña. A pesar dos seus sete portos -catro de segunda categoría e tres de terceira- en teoría preséntase menos determinante que a de Xorret del Catí. As opcións de éxito para a escapada son moitas, polo que se presume unha loita intensa por entrar no corte, a non ser que o pelotón se manexe con astucia e deixe marchar unha de conveniencia, aproveitando que os primeiros cincuenta quilómetros son os máis accesibles dun percorrido de 187,7. Serafín Martínez terá, entre outros obxectivos, saír a defender a camisola de montaña. O competidor que lle saíu tras a oitava etapa, Moncoutie (Cofidis), é un rival de moita consideración, como acredita o seu gran palmarés. Pero ese será un estímulo máis para o ciclista do Rosal. O Xacobeo Galicia, no seu conxunto, está decidido a contribuír a outra gran xornada de ciclismo.
La etapa ON LINE
TOUR DO PORVIR con Nelson Oliveira
Alvaro Pino: "Para sacar conclusións fiables teremos que esperar aos Pireneos"
	<description><![CDATA[Álvaro Pino, manager-director deportivo do Xacobeo Galicia, fai un balance positivo da actuación dos seus corredores na oitava etapa, pero sen querer extraer aínda conclusións determinantes.
O Xacobeo Galicia brilla con luz propia na primeira etapa de montaña da Volta
	<description><![CDATA[O Xacobeo Galicia brillou con luz propia na primeira etapa de montaña da Volta, con Serafín Martínez lanzado á defensa do reinado da montaña e un excelente segundo posto na meta de Xorret do Catí, escenario o ano pasado do triunfo de etapa de Gustavo C. Veloso; coa vitoria, ademais, por equipos na xornada e Ezequiel Mosquera escalando tres posicións para situarse sétimo na xeral.
O Xacobeo Galicia quere avanzar cara ao podio e repetir vitoria no porto alacantino
	<description><![CDATA[É a primeira das dúas etapas de montaña que a Volta 2010 estableceu este ano na Comunidade Valenciana. Un percorrido de case douscentos quilómetros e cinco portos, o primeiro de terceira categoría, tres de segunda e, para finalizar, o alto de Xorret de Catí, de primeira. Unha etapa que debe facer un novo aclarado na xeral.
La etapa ON LINE
Vídeo declaracións de Veloso y David García
TOUR DO PORVIR con Nelson Oliveira
Vladimir Isaychev (Xacobeo Galicia) encabezou a rebelión dos modestos
	<description><![CDATA[O ciclista do Xacobeo Galicia Vladimir Isaychev encabezou a rebelión dos modestos, nunha acción que secundaron outros tres valentes: Montenegro (Andalucía-Cajasur), Pedersen (Footon) e Roels (Milram), na sétima etapa da Volta a España, de 187,1 quilómetros entre Murcia e Orihuela. Os equipos dos sprinters tiveron que conxurarse para botar finalmente a baixo a escapada en busca dun sprint masivo, que deu a Alessandro Petacchi (Lampre) a súa vixésima vitoria de etapa na Volta a España. Non hai cambios na xeneral, que segue comandando Gilbert (Omega-Lotto); e o ciclista de O Rosal Serafín Martínez acumula xa cinco días como líder da montaña.
 Gustavo C. Veloso e David García preseleccionados para o Mundial de Australia
	<description><![CDATA[Os ciclistas do Xacobeo Galicia Gustavo C. Veloso e David García foron incluídos na preselección de vinte e un corredores feita pública polo seleccionador español José Luís De Santos para o Mundial de estrada que se disputará en Australia o último fin de semana de setembro. O equipo profesional galego podería estar representado por tres corredores, porque o portugués Nelson Oliveira xa é fixo na selección do seu país.
A lei dos sprinters noutra xornada de aproximación aos campos de batalla
	<description><![CDATA[Outra xornada de aproximación aos escenarios de gran batalla, previstos para o sábado e o domingo. Estas son etapas de avance, non concibidas para a gloria, ou para unha gloria escasa no caso dos que teñen as súas ambicións postas na vitoria absoluta. En cambio pode enterrar opcións ao mínimo descoido ou infortunio. Requiren, xa que logo, concentración. Despois do de onte, que o pelotón deixou marchar a escapada case ao primeiro intento, non hai motivo para pensar que nesta sétima etapa haxa labazadas por entrar na fuga, sabendo que a teñen marcada os sprinters no seu bloc de notas. A cuestión é saber se Cavendish será capaz de aproveitar a terceira oportunidade que se lle presenta.
La etapa ON LINE
Fotos etapa 5
Fotos etapa 6
Unipublic pensa nunha etapa raíña en Galicia para Volta a España do 2011
	<description><![CDATA[Unipublic, entidade organizadora da Volta a España, busca unha etapa reina en Galicia para a rolda española da edición do 2011. Sería unha etapa inédita que podería acabar cos 27 quilómetros de ascensión a Pena Trevinca, un escenario de sobras coñecido polos ciclistas do Xacobeo Galicia, que nos últimos anos serviulles de campamento base nas súas concentracións de altitude previas á Volta a España. Esta montaña ourensá atópase nos límites coas provincias de Zamora e León.
 O Xacobeo Galicia estivo no seu sitio, con Mosquera vixiante e Serafín Martínez no podio
	<description><![CDATA[Os ciclistas do Xacobeo Galicia estiveron no seu sitio na sexta etapa da Volta a España: Caravaca de la Cruz - Murcia, de 151 quilómetros; e iso consistía, basicamente, en que Ezequiel Mosquera se mantivese nos postos de cabeza no único porto do percorrido, o alto da Crista do Galo, coa cima situada a 17 quilómetros de meta, e que Serafín Martínez puidese subir ao podio por cuarto día consecutivo, como líder do premio da montaña. Máis difícil era medirse en velocidade punta na chegada con Thor Hushovd, gañador ao sprint.
Vídeo cuarta etapa